Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Chantada é un referente no mantemento de parques e xardíns

O Concello de Chantada é un referente no mantemento de parques e xardíns

O municipio leva oito anos conseguindo o máximo galardón do certame Vilas en Flor

G24.gal 09/10/2026 14:43

Máis de 35 hectáreas de zonas verdes, seis parques infantís e tres parques biosaudables conforman un dos puntos fortes do concello de Chantada.

"Aquí dicíase que vivíamos de costas ao río Asma e empezamos a ver cousas noutros concellos e empezamos a facer paseos fluviais e a traballar arreo", explica o alcalde de Chantada Manuel Lorenzo.

Na vila levan anos apostando polas zonas verdes. Arranxan parques, recuperan árbores autóctonas e mesmo crean novos espazos onte antes había asfalto.

"Pequenos espazos que non son urbanizables transformámolos en zonas verdes nos que os veciños poidan pasar tempo de lecer", sinala o concelleiro de Parques e Xardíns, Diego Otero.

O cadro de traballadores de parques e xardíns conta con catro persoas ao que se suman convenios con obradoiros de emprego. Entre todos conseguen espazos de lecer que conquistan a todos.

"Está bastante coidado e límpano ben". "Téñeno ben e moi coidado". "Son espazos que a xente aproveita, para min é sen dúbida o mellor da vila".

Aquí nada queda ao azar, contan con viveiros e invernadoiros propios, constrúen as súas propias xardineiras e engalanan con flores as rúas peonís onde non hai xardíns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade