Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca a importancia da enerxía nuclear nos avances médicos

Rueda destaca a importancia da enerxía nuclear nos avances médicos

O presidente da Xunta pon como exemplo o centro de protonterapia contra o cancro de Santiago

Alfonso Rueda participou na Xuntanza anual da sociedade nuclear española na Coruña

Alfonso Rueda, durante a clausura da 52ª reunión anual da Sociedade Nuclear Española este venres na Coruña. EFE/Cabalar
G24.gal 09/10/2026 19:59

A enerxía nuclear reivindica o seu papel estratéxico como garante da submnistración eléctrica. ​Dixérono máis de 700 profesionais do sector reunidos estes días na Coruña na Xuntanza anual da Sociedade Nuclear Española.

O presidente da Xunta, que participou na clausura, apuntou na mesma dirección, mentres non exista, dixo, unha maior integración das enerxías renovables. Alfonso Rueda tamén destacou a aplicación da enerxía nuclear na medicina e puxo como exemplo o centro de protonterapia contra o cancro de Santiago. 

Rueda, reivindicou o apoio a proxectos enerxéticos viables. "Non deberían ser inxustamente vilipendiados", recalcou ao respecto tras incidir en que "a enerxía é o que fai funcionar a economía" e engadir que "a industria do futuro quere enerxías seguras, razoables".

Neste sentido, instou ás administracións para ser "moi rigorosas" neste campo no que, asegurou, o Executivo galego é "especialmente esixente". "Aqueles proxectos que son viables, os que cumpren, deben ser apoiados sen ningunha dúbida e sen ningunha fisura", insistiu.

Doutra banda, incidiu en que a enerxía nuclear ten "moitísimas utilidades". Entre elas, fixo fincapé na súa aplicación en medicamento. "Salva cada vez máis vidas", sinalou tras subliñar a importancia de que "se siga investigando en ciencia nuclear".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar