Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restos atopados na Cova Eirós, en Triacastela, certifican o seu uso funerario

Restos atopados na Cova Eirós, en Triacastela, certifican o seu uso funerario

Os últimos achados de restos humanos poderían chegar a datarse en máis de 45.000 anos e achegar nova información sobre a pobación neandertal nesta área

G24.gal 01/10/2026 11:33

É un achado histórico: restos humanos atopados na Cova Eirós, en Triacastela, certifican o uso do lugar con fins funerarios, e a presenza de poboación neandertal hai máis de 45.000 anos.

A campaña arqueolóxica na Cova Eirós e na veciña Gruta dos Bloques, deu como resultado o achado de varios restos humanos da Idade do Bronce neste xacemento, o que permitiu descubrir o uso das cavidades deste xacemento como lugares de enterramento.
 

Traballos de escavación na cova de Eirós Traballos de escavación na cova de Eirós

Trátase duns traballos realizados no marco do Plan de actuacións arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, do Instituto Catalá de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social-CERCA da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, e da Universidade de Oviedo.

As tarefas de escavación levadas a cabo este verán confirmaron a existencia na cova de ocupacións máis antigas do Paleolítico medio, informa a Consellería nunha nota, e que a falta de concretarse poderían chegar a datarse en máis de 45.000 anos, sendo por tanto aínda máis antigas do certificado ata este momento.

En concreto, a intervención no novo nivel 5 achegou novos materiais arqueopaleontolóxicos das ocupacións paleolíticas no sector da entrada que axudan a afondar no coñecemento sobre os Neandertais que habitaron as Serras Orientais naquela altura.

Ademais, nas cavidades del Monte Penedo, veciñas á Cova Eirós, descubriuse a presenza dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce, o que certifica o uso funerario destas covas entre o 1.600 e 1.500 a.C.

Na coñecida como Gruta dos Bloques recuperáronse máis de 50 restos óseos que, tras os estudos antropolóxicos pertinentes, indican que pertencen a un único individuo infantil de entre 6 e 8 anos de idade.

Asociado aos restos humanos, recuperáronse tamén fragmentos cerámicos decorados que remiten a momentos da Idade do Bronce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade