Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dun barrio de Ferrol viven unha xincana diaria entre coches e patinetes

Veciños dun barrio de Ferrol viven unha xincana diaria entre coches e patinetes

Denuncian velocidades por riba do dobre do permitido e mala sinalización, tras varios incidentes

Eles mesmos se ocupan do rozado de leiras e beiravías para mellorar a visibilidade

G24.gal 24/06/2026 14:30

O sinal de prohibido apóiase no poste da luz, colocado por un veciño. É só un exemplo o abandono desta parte do barrio.

"Estamos sen protección, sen sinalización boa porque a xente pasa a alta velocidade".

"Nesa rúa puxeron unha especie de paseo para peóns e bicicletas e fóronlle arrincando os bolardos".

"Os coches pasan tan lanzados que se non se aparta un, vai haber un accidente, pero ademais pasa moita xente da droga, que tes que estar sempre pendente dos coches.  E dos patinetes, que agora moitos dos que van aos campamentos, van en patinete e pasan lanzados".

Poñer un pé da porta para fóra é de valentes e valentas, facendo honra ao nome de dúas das tres rúas dispostas en forma de U. En días de diario a trasfega de coches é constante e o risco tamén, Non é o primeiro susto nin o primeiro golpe. 

"Golpeou a unha veciña porque a condutora meteuse en dirección contraria. Dixo que non era de aquí e que non tiña sinalización e vivimos nun perigo constante".

"Entre os que veñen en dirección contraria, e que veñen moi lanzados, non é a primeira vez que levan algún coche que está aparcado por diante".

"Ao fondo, se non rozan non se ve para xirar porque hai unha curva moi pechada. A min unha vez botáronme da estrada".

As herbas, as matogueiras, empeoran o problema.

"A maleza non permitía nin ver os edificios de enfronte. Era moi alta e ademais ratas enormes. O meu can colleu algunha porque atravesan para os edificios".

"Nós para saír de aquí ten que estar desbrozado porque as prantas son tan altas que non viamos para saír e do outro lado tampouco, pero desbrocei eu".

Petaron en cantas portas hai pero a falta de solucións oficiais, eles mesmos buscaron o remedio. 

"Isto estaba tan alto como a maleza da leira do lado e haberá unha semana que o cortamos pagando 50 euros por casa. Ninguén se ocupa de nada".

Levan anos coas mesmas demandas, demandas de desbrozado, de beiravías, de resaltos, e de sinalización clara que non se apoie nun poste pola boa vontade dun veciño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade