Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aemet eleva a laranxa o aviso por chuvia no oeste da Coruña

Aemet eleva a laranxa o aviso por chuvia no oeste da Coruña

Galicia mantén tamén avisos amarelos por precipitacións e tormentas

Pontevedra e parte da provincia da Coruña volverán estar en aviso amarelo na madrugada do xoves

directo Europa Press-Arquivo / En directo cámara web da CSAG en Ortigueira
G24.gal 26/08/2026 12:22

A Axencia Estatal de Metereoloxía (Aemet) elevou este mércores a aviso laranxa o nivel de risco no oeste da provincia da Coruña por chuvias intensas. A alerta estará activa, polo menos, ata as 18:00 horas, ante a previsión de acumulacións de ata 30 litros por metro cadrado nunha hora. 

A mesma zona permaece tamén en aviso amarelo por tormentas, que poderán ir acompañadas de sarabia. O episodio afecta a Galicia pola entrada dunha fronte borrascosa polo noroeste da Península. 

O aviso amarelo por precipitacións esténdese ademais a boa parte de Lugo, Pontevedra e Ourense, con maior probabilidade nas zonas montañosas do oeste e na Baixa Limia. As tormentas tamén poderán afectar as catro provincias. 

Avisos para o xoves 

De cara á madrugada deste xoves, Pontevedra e parte da Coruña activarán novamente o aviso amarelo por chuvias localmente intensas, entre as 00:00 e as 06:00 horas. Poderán superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora. 

O aviso afectará toda a provincia de Pontevedra e o interior e suroeste da Coruña. A previsión para mañá mantén ceo con intervalos nubrados e chuvia localmente fortes, ademais dun descenso das temperaturas e ventos do sur-suroeste, moderados en xeral e con intervalos fortes no litoral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade