Morre o condutor dun camión nun accidente laboral na Escola Naval de Marín
O sinistro produciuse no interior das instalacións militares, onde o traballador descargaba ferros dun camión e caeulle enriba a cabeza tractora
O condutor dun pequeno camión faleceu este mércores no interior das instalacións da Escola Naval de Marín tras caerlle enriba a cabeza tractrora do vehículo.
O accidente, segundo o 112 Galicia, produciuse ás dez da mañá e a pesar de os esforzos dos servizos de emerxencias, nada se puido facer por salvarlle a vida.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través dun particular, que xa no momento de dar o aviso indicaba que o condutor podía estar morto.
Rapidamente, desde a Sala de Operacións compartiuse a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos Bombeiros do Morrazo, coa Policía Nacional e coa Garda Civil.
A Subdelegación do Goberno en Galicia precisou que se trata dun traballador dunha empresa externa que estaba a operar nas obras que se realizan na Escola Naval.
Fontes policiais concretaron a EFE que o camioneiro estaba a descargar ferros cando se desestabilizou o vehículo e caeulle encima a cabeza tractora.