Cargando resultados...
Morre un traballador en Betanzos atropelado por unha carretilla
Os equipos sanitarios desprazados á zona non puideron facer nada por salvarlle a vida
G24.gal
05/10/2026 17:45
Última actualización 05/10/2026 17:56
Un home perdeu a vida este luns en Betanzos nun accidente laboral.
O suceso ocorreu ás catro e cuarto da tarde nunha empresa no lugar de Requián.
Por causas que se descoñecen, o home foi atropelado por una carretilla.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Policía Local, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
Unha vez no punto, os Bombeiros de Betanzos confirmaron que o traballador non estaba atrapado e, malia os esforzos do persoal sanitario desprazado ata o lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.