Un traballador falece tras caer dun edificio en construción en Negreira
A vítima traballaba na obra dun edificio situado na Avenida de Santiago, en Negreira
O equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o falecemento do traballador
Sobre as nove desta mañá, o 112 Galicia recibiu unha primeira chamada de aviso sobre un posible accidente laboral nun inmoble aínda en construción. Foi na Avenida de Santiago, en Negreira, e a vítima traballaba na obra dun edificio.
A caída dun traballador motivou a activación dos recursos de emerxencias necesarios, como a asistencia sanitaria urxente e a presenza do corpo de seguridade da Policía Local. Tamén dos axentes da Garda Civil, que enviaron unha dotación ao lugar a fin de recoller toda a información relativa a este sinistro no eido laboral.
Co paso dos minutos, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o falecemento do traballador.