Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colapsa o terceiro andar dun edificio en obras en Vigo e provoca dous feridos

Colapsa o terceiro andar dun edificio en obras en Vigo e provoca dous feridos

O suceso produciuse sobre as once da mañá, cando cedeu parte da estrutura dunha das plantas do inmoble, no que se estaban realizando traballos de reforma

Dous operarios resultaron feridos e foron atendidos por persoal sanitario

G24.gal 15/10/2026 12:42 Última actualización 15/10/2026 14:20

Dous traballadores resultaron feridos este xoves en Vigo tras derrubarse parte do forxado dunha das plantas dun edificio en obras, indicaron a EFE fontes de emerxencias.

O edificio atópase na céntrica rúa García Barbón, á altura do número 45, preto do cruzamento con Alfonso XIII. O suceso produciuse sobre as once da mañá, cando cedeu parte da estrutura dunha das plantas do inmoble, no que se estaban realizando traballos de reforma.

Dous operarios resultaron feridos e foron atendidos por persoal sanitario. O incidente mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias, no que, alén do 061, participaron efectivos de bombeiros e patrullas da Policía Local e Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade