Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Esteiro presentan 1.000 sinaturas para pedir o arranxo da pasarela de Evaristo

Veciños de Esteiro presentan 1.000 sinaturas para pedir o arranxo da pasarela de Evaristo

A ponte peonil leva pechada desde mediados de verán tras detectarse danos estruturais e corrosión

Os afectados piden máis implicación na busca dunha solución definitiva para recuperar esta conexión con todas as garantías

G24.gal 25/08/2026 14:01 Última actualización 25/08/2026 14:16

A ponte de Evaristo leva pechada desde mediados de verán tras detectarse danos estruturais e corrosión. Os veciños de Esteiro, no concello de Muros, temen que a situación se manteña por tempo indefinido. Por iso, presentaron máis de mil sinaturas para pedir que se arranxe axiña.

"Reclamamos que, se como di o Concello, a responsable da estrutura é Costas, facer forza para que poida reclamarlle a Costas que se repare canto antes, saber canto vai tardar, se vai ser toda a infraestrutura, se van derrubar a ponte... Temos que saber algo".

O peche da ponte prexudica particulares, porque é unha vía moi transitada, e tamén afecta locais de hostalería.

Os afectados piden máis implicación na busca dunha solución definitiva para recuperar esta conexión con todas as garantías. Ademais dos da ponte, insisten en que deberían arranxar outros danos na pasarela de madeira que xa provocaron varios accidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade