Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio dun coche abandonado desata as protestas dos veciños de Mollavao, en Pontevedra

O incendio dun coche abandonado desata as protestas dos veciños de Mollavao, en Pontevedra

Din que non é a primeira vez que ocorren sucesos semellentes e sinalan que na contorna hai varias parcelas onde se abandonan vehículos

Un dos coches abandonados baixo a ponte da autoestrada ardeu e obrigou os bombeiros de Pontevedra a intervir
G24.gal 24/08/2026 13:44

Os veciños do barrio de Mollavao xa denunciaran a presenza dun coche abandonado hai máis de 4 meses baixo a ponte da autoestrada e advertiran do risco que supoñía. Onte á tarde confirmáronse os seus presaxios. O coche comezou a arder e obrigou a intervir os bombeiros.

Os veciños aseguran que non é a primeira vez que sucede e que na contorna hai varias parcelas similares onde acaban depositados veículos abandonados, sen que o concello os retire, como argumenta Mateo González, presidente da Asociación Veciñal Mollavao.

Os coches abandonados din os veciños que son so un exemplo do desleixo das autoridades co barrio. Unha residente asegura que leva 30 anos vivindo ali e que nunca viu unha mellora por parte de ningún dos gobernos municipais.

Mateo González, da Asociación Veciñal Mollavao asegura que os coches abandonados deberían ser tratados como resíduo e retiralos de onde están porque supoñen un perigo para a seguridade e para o medio ambiente.

Desde o concello aseguran que os coches abandonados vanse retirar pero deben seguir os prazos legais. Tamén anunciaron que en setembro comezarán as obras do proxecto de reforma da contorna de Rosalía de Castro e a parcela dos circos que transformará esta zona. A intervención non inclue as parcelas baixo a ponte que son privadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade