Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Inferniño, en Ferrol, denuncian caídas polo abandono das beirarrúas

Veciños do Inferniño, en Ferrol, denuncian caídas polo abandono das beirarrúas

As raíces das árbores levantaron o pavimento e formaron fochancas

Piden solucións urxentes ao Concello, porque "o perigo é evidente"

G24.gal 14/08/2026 14:10

Din no Inferniño que non pasa un día sen que alguén tropece, caia ou esvare na beirarrúa deste barrio ferrolán.

As raíces das árbores e os seus froitos converteron o chan nunha perigosa carreira de obstáculos na que tampoco falta un vello valo de obra.

Din que non queren parches. Piden unha reparación integral da beirarrúa e o acondicionamiento da vexetación, tal e como se fixo nalgún treito dalgunha rúa.  

O Concello, pola súa banda, sinala que é coñecedor da problemática e ten pendente de execución unha actuación de mellora similar á que se fixo noutros puntos do Inferniño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade