Veciños próximos á ETEA de Vigo denuncian constantes nubes de po
As obras de demolición dos vellos edificios militares de ladrillo fanse sen hidratar os entullos
Os novos proxectos previstos para a vella Escola de Transmisións da Armada, coñecida popularmente como ETEA implican derrubar as vellas construcións de ladrillo do recinto.
Algo que en días pasados coa calor e a falta de hidratación provocou nubes de po que ensucian as vivendas, os tendais e as praias.
Envoltos en nubes de po levan desde o principio do verán os veciños máis próximos ao edificio do complexo da ETEA que se está a derrubar e no que se vai construír un novo Instituto de Investigacións Mariñas.
Ás persoas maiores é as que máis lles molesta a poeira porque lles obriga a facer o esforzo de duplicar ou triplicar as limpezas. Consideran que cunha boa rega ou hidratación non se producirían estes problemas, pero a empresa encargada da derruba di que a auga da que dispoñen non ten presión abonda.
Os veciños tamén apuntan que no inmoble tamén hai restos de amianto, pero isto non lles preocupa porque consideran que se está eliminando en pezas enteiras e recollendo en sacos específicos.