Atemorizados en Vigo pola presenza de mato
Un matrimonio de Coruxo teme que un incendio arrase coa súa vivenda, como xa estivo a piques de pasar en 2017
Unha familia de Coruxo en Vigo vive atemorizada porque a súa vivenda está rodeada de leiras sen rozar desde hai máis de tres anos.Os propietarios están localizados pero non actúan e temen que algún incendio arrase coa vivenda que xa se salvo de milagre en 2017.
Carme e Pedro viven atemorizados rodeados de xestas, toxos e kiwis e mesmo velutinas rodean a casa polo lado do monte. Lembran con terror 2017 cando estiveron a piques de perder a casa e todo estaba máis limpo.
Pensan que de repetirse un incendio como aquel quedarían sen vivenda. A filla de mabos vai cada quince días ao concello de Vigo a pregar que urxan aos propietarios a limpeza ou que algunha administración os advirta dunha posible multa, pero polo de agora os resultados son nulos.
Os propietarios da propiedades lindeiras son coñecidos e aínda que algún é maior todos posúen recursos económicos para afrontar unha roza.
Todos lembran con morriña os tempos en que todos tiñan animais que comían na herba e tiñan as leiras limpas. Agora érguense cada mañá pregando que a próxima faísca non prenda nas inmediacións.