Os veciños do Coto en Neda piden medidas contra unha praga de insectos
Os chinches entran polas portas e ventás, especialmente nos momentos de máis calor
"Gastei un bote grandísimo dun produto para botalo pola parede. Non podía abrir nada. Agora baldeamos todo pero a mediodía, co sol, volven saír".
Así están os vecinos do barrio do Coto, en Neda, desde hai semanas.
"Hai un mes mais ou menos que o noto. Antes, non", di un veciño.
Os insectos saen das fendas da terra e invádeno todo.
"Din que saen das hortas. Eu non o sei. É unha praga total", asegura unha muller.
A praga afecta unha vintena de vivendas. Da situación dan mostra imaxes coma estas, tomadas polos veciños. Tamén se encontraron nun parque público polo que atravesa o Camiño Inglés.
"Non podes ter unha porta aberta, nin unha ventá, nin colgar roupa. Neste parque tamén hai chinches".
Os vecinos din que non lembran unha praga semellante nesta zona.
"No Concello dixeron que ían vir fumigar, pero aquí non viñeron para nada", di unha veciña.
No Concello aseguran que xa se están a tomar medidas para fumigar as zonas máis afectadas. Pero será necesario agardar uns días para comprobar.