Varios coches circulan en sentido contrario diante do centro de saúde de Cambados
A infracción é frecuente, malia o sinal de sentido obrigatorio
No verán aumenta o risco co aumento de tráfico e peóns
O sinal de sentido obrigatorio é visible e está en perfecto estado. Pero cada pouco hai alguén que se mete na dirección contraria na avenida de Galicia, en pleno centro de Cambados.
Hai moitos anos que está avenida deixou de ser de dobre sentido. Algúns veciños achacan a infracción ao descoido da xente que vén de fóra ou que está desesperada na busca de aparcadoiro na zona.
Din que o peor é que se meten en dirección prohibida nun tramo ateigado de tráfico e peóns, xusto diante do centro de saúde. Temen que algún día haxa un desgusto.
Desde o Concello explican que non lles consta ningunha queixa oficial sobre o tema. Pero que se podería reforzar a sinalización para previr esa situación de perigo que describen os veciños e que aumenta nos concorridos meses de verán.