Os feirantes non irán ás festas de Carral en protesta pola nova localización
Argumentan que o novo espazo non é viable nin seguro
Nas rúas da contorna do Concello de Carral é onde os feirantes instalaban as súas atraccións e os seus postos durante as festas do Socorro que, este ano, se van celebrar do 3 ao 8 de setembro. Porén, nesta edición, o Concello decidiu trasladalos a unha nova localización.
Segundo un comunicado emitido pola comisión de festas, que declinou facer declaracións á Televisión de Galicia, os feirantes consideran que a nova ubicación non é viable nin segura por mor do desnivel que hai, da escaseza de espazo e tamén polas características do terreo, sobre todo, se son días chuviosos. Por todo isto, engaden no escrito, os profesionais decidiron non acudir ás festas.
Con atraccións ou sen elas, en Carral agardan polas súas festas.