Santa Minia, a Noite Meiga e a Festa de Ameixa de Campelo, xa son de Interese Turístico de Galicia
As tres celebracións súmanse oficialmente ao católogo galego de festas recoñecidas polo seu valor cultural e tradicional
Noite Meiga -Turismo de Sarria
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a declaración da Romaría de Santa Minia de Brión, a Noite Meiga de Sarria e a Festa da Ameixa en Campelo, en Poio, como festas de Interese Turístico de Galicia.
O auncio oficilaiza o acordo adopatado polo Consello da Xunta o pasado 25 de maio e recoñece o valor cultural, tradicional e turístico das tres celebracións.
No caso da Romaría de Santa Minia, en Brión, o alcalde, Pablo Lago, celebrou que o recoñecemento chegue xusto antes da presentación da programación desta edición. O día grande será o 27 de setembro, que este ano coincide en domingo, e o Concello agarda a asistencia dunhas 50.000 persoas durane os días de celebración.
A Noite Meiga de Sarria incorpora ao catálogo unha festa que pon en valor a etnografía, o folcore e misticismo gaego arredor das meigas.
A Festa da Ameixa de Campelo, en Poio, recoñece unha celebración gastronómica que reinvindica a ameixa da ría de Pontevedra e o traballo do sector marisqueiro.