En liberdade con medidas o detido por un tiroteo en Ourense
O home está investigado por homicidio en grao de tentativa e tenza ilícita de armas
A maxistrada do Tribunal de Instancia en Ourense decretou a posta en liberdade con medidas cautelares do home detido por disparar contra outro varón no barrio do Veinteún, que resultou ileso.
O investigado deberá comparecer unha vez ao mes no xulgado e ten prohibido achegarse a menos de 100 metros da vítima ou comunicarse con ela.
Os feitos producíronse na madrugada do pasado domingo, cando o home disparou polo menos tres veces contra a vítima sen chegar a alcanzala. Tras o aviso á Policía Nacional, os axentes localizaron o sopeitoso nun vehículo e procederon á súa detención.
O home está investigado por homicidio en grao de tentativa e tenza ilícita de armas.