Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo ordena o primeiro peche dun local de lecer nocturno por non conectarse ao sonómetro

Sanxenxo ordena o primeiro peche dun local de lecer nocturno por non conectarse ao sonómetro

Despois de exceder o prazo concedido aos establecementos e recibir varias denuncias veciñais por ruído, o Concello procedeu ao peche

Ten en marcha polo mesmo motivo outros expedientes similares a diferentes locais

O Concello de Sanxenxo dera un prazo aos negocios para conectar os seus equipamentos para ser controlados pola Policía Local (TVG-Arquivo) O Concello de Sanxenxo dera un prazo aos negocios para conectar os seus equipamentos para ser controlados pola Policía Local (TVG-Arquivo)
G24.gal 17/07/2026 17:20

O Concello de Sanxenxo realizou a primeira clausura temporal dun local de lecer nocturno en Portonovo por incumprir a obrigación de conectar  o seu limitador de son ao sistema de control acústico municipal.

Segundo indicou o consistorio nun comunicado, a Policía Local dispón dunha plataforma para vixiar en tempo real os niveis de ruído e tomar as medidas pertinentes, pero para iso é necesario que os locais conecten os sonómetros e limitadores de volume.

Despois de exceder o prazo concedido aos establecementos e recibir varias denuncias veciñais por ruído, o Concello procedeu ao peche deste primeiro establecemento. Ademais, segundo avanzou, ten en marcha polo mesmo motivo outros expedientes similares a diferentes locais.

Así as cousas, cando o establecemento se conecte, a Policía Local ten dous meses para comprobar o cumprimento.

Denuncia por exceso de capacidade

Ademais, está en trámite unha denuncia a outro establecemento en Sanxenxo por exceso de capacidade. Unha infracción que se considera grave segundo a Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.

As multas oscilan dos 30.000 euros aos 600.000 euros, e mesmo poden comportar a clausura ou suspensión temporal do local ata por un ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade