A Xunta prevé adxudicar este ano as obras do último treito da rolda leste de Ourense
A vía dará servizo a máis de 110.000 veciños de Ourense e San Cibrao das Viñas
O investimento é de 12,7 millóns
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este martes a licitación das obras do último treito da rolda leste de Ourense, e avanzou que prevén adxucalas a finais deste ano para poder empezar a construila a principios do 2027.
Nun acto celebrado ao carón da rotonda de Bemposta, onde arrancará a vía, o xefe do Goberno Galego dixo que este proxecto permitirá acurtar tempos e a aliviar o tráfico da cidade.
As empresas construtoras terán ata o 7 de setembro paara presentar a súa oferta para unha "obra complexa" que dará servizo a máis de 110.000 veciños de Ourense e San Cibrao das Viñas, absorbendo uns 9.000 vehículos cada día.
O novo treito, no que se investirán 12,7 millóns de euros, terá unha lonxitude de 1,5 quilómetros e ofrecerá unha salida máis directa cara a zona sur da cidade, os polígonos industriais e a autovía das Rías Baixas.
Alfonso Rueda explicou que a Xunta está investindo máis de 35 millóns de euros nas mellora das infraestruturas viarias da provincia. Ademais da rolda leste, van actuar na estrada que une Celanova e Bande; na OU-533 entre A Gudiña e Viana do Bolo, en información pública; ou na senda peonil da OU-402, en Reza, no concello de Ourense, tamén en obras.