Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xuíz dá tres días a Zapatero para que entregue documentación sobre as xoias

O xuíz dá tres días a Zapatero para que entregue documentación sobre as xoias

Calama cita as fillas do expresidente o 30 de novembro polo caso Plus Ultra

César Vallejo Rodríguez/Europa Press César Vallejo Rodríguez/Europa Press
G24.gal 21/09/2026 13:23

O xuíz que investiga a José Luis Rodríguez Zapatero dálle un prazo de tres días ao expresidente do Goberno para que achegue "toda a documentación que se atope no seu poder" sobre as xoias achadas na súa oficina.

O maxistrado da Audiencia Nacional José Luis Calama tamén encargou un informe pericial sobre estas xoias, que será realizado por xemólogos e taxadores da xoiería Yanes, con apoio técnico do Instituto Xemolóxico Español. 

Calama cita a declarar as fillas de Zapatero o próximo 30 de novembro como investigadas.

O xuíz do caso Plus ultra, José Luis Calama, citou a declarar como investigadas o próximo 30 de novembro ás fillas de José Luis Rodríguez Zapatero, Laura e a Alba Rodríguez Espinosa, para que declaren en calidade de investigadas o 30 de novembro. Laura terá que comparecer ás 9:00 da mañá; Alba, ás 12:00 do mediodía.

Calama cita tamén a declarar como testemuñas, o próximo 19 de novembro, a José Ángel Partearroyo, exdirector de Participadas de SEPI, e a Félix Martín, exdirector financeiro de Plus ultra.

A citación de Partearroyo prodúcese despois de que o expresidente de Plus ultra Julio Martínez Sola admitise ante o xuíz, o pasado 7 de setembro, que mantivo contactos con el para a obtención do préstamo de 53 millóns á aeroliña. Asumiu ademais que desa cantidade pagou o 1 % ao "grupo Zapatero", aínda que insistiu en que a compañía cumpría os requisitos para conseguir esa axuda.

As fillas están imputadas desde o 18 de xuño

O maxistrado acordou a súa imputación o pasado 18 de xuño xunto á secretaria do expresidente do Gobierno Gertrudis Alcázar.

Fundamentou a imputación das fillas nos indicios relativos ao papel, presuntamente "instrumental", que xogaría a empresa destas, What the Fav, na presunta trama.

Segundo, sinalou Calama no devandito auto hai "indicios sólidos, plurais e converxentes" de que esta empresa é "un elemento finalista e funcional" na trama: "Non desenvolve unha actividade empresarial ordinaria, senón que actúa como vehículo instrumental para a xeración de facturación 'ad hoc', a redistribución de fondos e a dotación de cobertura formal a operacións económicas vinculadas á armazón".

What the Fav, cuxa sede foi rexistrada o pasado 18 maio, recibiu 239.755 euros de Análise Relevante, propiedade de Julio Martínez Martínez, amigo de Zapatero. O expresidente defendeu a legalidade da actividade das súas fillas e argumentou que facían traballos de 'mercadotecnia'.

Respecto á súa citación como investigadas, Calama precisou que a imputación non esixe que haxa "un cadro probatorio pechado", senón só que concorran indicios, e que, neste caso, é a única vía compatible coas garantías constitucionais, porque citalas como testemuñas xeraría un risco para elas "ao obrigalas a declarar baixo veracidade sobre feitos que, nun estadio posterior, poderían serlles atribuídos en calidade de partícipes ou responsables pola súa condición de administradoras dunha sociedade".

En canto ás xoias, o instrutor comunica á defensa do expresidente do Goberno que no prazo de 3 días pode achegar ao órgano xudicial toda a documentación que teña no seu poder en relación coas xoias.

Nunha primeira análise pericial, a histórica xoiería Ansorena taxou as xoias en 1,3 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade