Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zapatero segue a cuestionar a taxación das xoias e encarga un informe pericial propio

Zapatero segue a cuestionar a taxación das xoias e encarga un informe pericial propio

Nun escrito presentado na Audiencia Nacional este martes, o expresidente do Goberno anuncia que "dúas persoas expertas na materia e tituladas" realizarán unha nova taxación "para un maior esclarecemento dos feitos"

Foto de arquivo/Europa Press Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 17/11/2026 12:39

O expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero continúa a cuestionar as dúas taxacións impulsadas polo xulgado que valoraron en máis dun millón de euros as xoias atopadas na súa oficina e decidiu encargar un novo informe pericial de parte que realice unha nova valoración.

Nun escrito presentado na Audiencia Nacional, este martes, o ex-secretario xeral do PSOE anuncia que "dúas persoas expertas na materia e tituladas" realizarán unha nova taxación "para un maior esclarecemento dos feitos".

Serán o taxador de xoias David Mellado e a xemóloga Rosa María Moreno, que, segundo explica a defensa de Zapatero, non só estimarán o valor das pezas, senón tamén o método co que a xoiaría Yanes calculou o valor de reposición e "a razoabilidade da valoración obtida".

O xuíz José Luis Calama dispón xa de dous informes de taxación: o da xoiaría Ansorena, que estimou en 1,3 millóns de euros o valor das xoias atopadas no rexistro policial na oficina de Zapatero o pasado mes de maio, e o da xoiaría Yanes, que o rebaixou a pouco máis dun millón de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade