Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida unha muller acusada de roubar xoias na casa onde traballaba en Betanzos

Detida unha muller acusada de roubar xoias na casa onde traballaba en Betanzos

As alfaias substraídas están valoradas en máis de 50.000 euros 

A Garda Civil localizou as pezas no domicilio da arrestada, algunhas delas agochadas

 

As xoias roubadas nunha imaxe da Garda Civil As xoias roubadas nunha imaxe da Garda Civil
G24.gal 15/11/2026 10:35 Última actualización 15/11/2026 11:17

O equipo territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Betanzos detivo unha muller como suposta autora dun delito de roubo con forza polo furto de xoiais valoradas en máis de 50.000 euros.

A investigación botou a andar tras a denuncia interposta pola propietaria das alfaias e, dende o inicio, as forzas de seguridade puxeron o foco na súa contorna doméstica.

Algunhas pezas estaban agochadas. IMAXE: Garda Civil Algunhas pezas estaban agochadas. IMAXE: Garda Civil

Logo das primeiras pescudas e da análise da información solicitada, comezaron sospeitar da persoa que traballaba como empregada do fogar da vítima que, finalmente, foi arrestada.

No rexistro do seu domicilio, a Garda Civil topou a maior parte das xoais roubadas, algunhas delas ocultas nun azucreiro ou soterradas en macetas.

A presunta autora do furto devolveu de xeito voluntario parte do botín, pero a denunciante non recoñeceu como propias algunhas das pezas, polo que a investigación continúa para esclarecer a súa procedencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade