Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta licita un novo treito de 2,8 km da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda

A Xunta licita un novo treito de 2,8 km da Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda

O investimento para esta obra rozará os 20 millóns de euros e a redacción do proxecto saíu a licitación por 260.339 euros

Obras da vía de altas prestacións Tui-A Guarda. TVG.
G24.gal 28/07/2026 15:13

A Xunta de Galicia licitou a redacción do proxecto de trazado e do proxecto construtivo dun novo treito de 2,8 quilómetros da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, entre a ligazón da PO-350 e a da Ponte Carregal, segundo anunciou este martes a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, en Tomiño.

As empresas teñen ata o 7 de setembro para presentar as súas ofertas 

Allegue explicou que o investimento estimado para este treito rozará os 20 millóns de euros, mentres que a redacción do proxecto saíu a licitación por 260.339 euros.

"Temos un compromiso que cumprir nesta ruta de seguir incrementado as vías de altas prestacións e temos unha boa nova: este martes sae contratado no perfil do contratante a licitación para esa redacción dun proxecto construtivo dunha segunda fase, preto de 3 quilómetros", asegura a conselleira María Martínez Allegue.

As empresas terán de prazo ata o 7 de setembro para presentar as súas ofertas e a conselleira destacou que a redacción do proxecto se adxudicará canto antes, co fin de axilizar posteriormente a licitación da execución das obras.

Para os veciños de Tomiño esta infraestrutura é moi necesaria:

"Esta vía é moi útil, levamos anos esperando a que se faga dunha vez porque é moi necesaria e importante para o desenvolvemento de Tomiño e do Rosal".

"Vai aliviar moito o tráfico da estrada actual".

Autovía AG-42

En canto ao actual treito en execución da AG-42, de algo máis de tres quilómetros entre a ligazón de Areas e a ligazón da PO-350, que discorre polos municipios de Tui e Tomiño e cuxa investimento ascende a 18 millóns de euros, as obras alcanzaron xa o 50 % da súa execución e mantense a previsión de que conclúan o próximo ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos