Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago sumará 29 taxis aos 144 actuais, a primeira ampliación desde 1998

Santiago sumará 29 taxis aos 144 actuais, a primeira ampliación desde 1998

O Concello acaba de aprobar o concurso para a adxudicación das novas licenzas, que estará aberto ata o 18 de setembro

G24.gal 28/07/2026 14:29 Última actualización 28/07/2026 14:43

Aínda que Santiago cumpría a ratio de un taxi por cada mil habitantes, as esperas nas paradas prolónganse desde hai tempo en días coma hoxe. En temporada alta de turismo, grandes congresos ou festivais, a oferta do servizo de taxi quedaba escasa. Así que a noticia da ampliación de licenzas foi ben acollida polos usuarios, que relatan ringleiras e esperas longas para acceder ao servizo.

"A última vez que se sacaron licenzas de taxi foi no ano 1998, hai case tres décadas, e, evidentemente, a cidade mudou. Temos 4.000 habitantes máis, entran máis dun millón e medio de persoas a maiores polo aeroporto Rosalía de Castro, e iso tensiona o servizo", explicou Xan Duro, o concelleiro de Mobilidade do Concello de Santiago. 

Por iso, 29 licenzas uniranse ás 144 existentes. Poderán solicitarse en canto se publique no BOP. O canon é de 88.000 euros. Polo envellecemento da poboación, o Concello decidiu que todas esa novas licenzas serán para vehículos adaptados, independentemente do número de prazas. Unha medida que non convence no sector.

"Estudaremos presentar alegacións. No verán pódense asumir ese número de licenzas. No inverno entendo que vai haber que poñer días libres", declarou Manuel Sánchez, o presidente de Radio Taxi Compostela. 

A lexislación galega non permite a concesión de licenzas temporais que si teñen, por exemplo, en Mallorca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade