Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inaugurada a ampliación do polígono das Gándaras, en Lugo, co 80% das parcelas vendidas

Inaugurada a ampliación do polígono das Gándaras, en Lugo, co 80% das parcelas vendidas

Alfonso Rueda destaca que a Xunta vai impulsar 12 millóns de novos metros cadrados de solo industrial ata o 2030

G24.gal 11/09/2026 17:51

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou este venres a ampliación do parque empresarial das Gándaras, en Lugo, con tres novas fases que ocupan máis de 200.000 metros cadrados.

O xefe do Goberno galego destacou o desenvolvemento de case 12 millóns de metros cadrados de novo solo ata 2030 para dar resposta á demanda actual e atraer empresas a Galicia.

O parque empresarial das Gándaras, lindeiro ao Ceao, estrea 39 parcelas, das que 27 quedaron adxudicadas este mesmo venres e prevén que as restantes queden asignadas antes de que remate o ano.

O presidente da Asociación de Empresarios do Ceao-As Gándaras, Francisco Dorado, asegura que este polígono estase a converter "nun referente" na comunidade e ofrece colaboración para que "o talento que hai en Galicia atope en Lugo oportunidades para medrar e condicións para quedar".

Alfonso Rueda destaca que, para darlle resposta á demanda de solo, a Xunta executou esta ampliación en dous anos. O presidente lembra que nas provincias de Lugo e Ourense o prezo das parcelas está nun 50% bonificado polo Goberno autonómico e que seguirán apostando pola captación de empresas e de "oportunidades que non debemos deixar pasar sempre que respecten as normas", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade