Cargando resultados...
Un condutor esnafra o seu coche contra un supermercado en Vigo e fere unha empregada
Por mor do impacto o vehículo abriu unha fenda na parede, e o material que se desprendeu alcanzou a traballadora
Imaxe do burato que deixou o sinistro (EFE/ Sxenick)
G24.gal
11/09/2026 17:16
Unha traballadora dun supermercado de Vigo resultou ferida este venres despois de que un condutor batese co seu coche contra o muro do establecemento, informaron os servizos de emerxencias.
A colisión produciuse contra as 15:30 horas no supermercado Eroski da praza de Fernando o Católico, xunto á rúa Urzaiz, e como consecuencia do impacto o vehículo abriu unha fenda na parede e os cascallos desprendéronse no interior do establecemento.
Os obxectos que se desprenderon no choque alcanzaron unha das traballadoras, que resultou ferida, aínda que non chegou a quedar atrapada e foi trasladada posteriormente a un centro hospitalario.