Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queda atrapado o condutor dun furgoneta que bateu contra un camión en Castro de Rei

Queda atrapado o condutor dun furgoneta que bateu contra un camión en Castro de Rei

A vítima quedou inconsciente e tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Vilalba

G24.gal 11/09/2026 10:38

Unha colisión entre dous vehículos deixa unha persoa ferida no concello lugués de Castro de Rei. O sinistro produciuse ás 8:46 minutos da mañá no quilómetro 25 en Prevesos da N-120 ao bateren unha furgoneta e un camión de transporte de madeira. No momento da colisión, o vehículo pesado non levaba carga.

O condutor do camión alertou os servizos de emerxencia ao comprobar que a persoa que pilotaba a furgoneta estaba incosciente e con feridas na cabeza, a cadeira e unha perna. Os bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo.

Ata o lugar do sinistro trasladáronse tamén efectivos da Garda Civil e o 061. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade