Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro mortos e 40 feridos en accidente dun autobús de turistas neerlandeses en Suíza

Catro mortos e 40 feridos en accidente dun autobús de turistas neerlandeses en Suíza

O vehículo circulaba preto do Parque Nacional de Suíza cando chocou contra o gardarraíl, saíu da estrada e caeu sobre un costado, segundo detallou a televisión nacional RTS

REUTERS REUTERS
G24.gal 11/09/2026 10:48

Polo menos catro persoas morreron e 40 saíron feridas, tres delas de gravidade, ao accidentarse un autobús que transportaba turistas neerlandeses nos Alpes suízos, informou este venres a policía do cantón dos Grisóns (sueste), onde ocorreu o sinistro.

O vehículo, que pertence á compañía turística Oad, de Países Baixos, transportaba 49 neerlandeses entre as localidades de Zernez e Susch, preto do Parque Nacional de Suíza, cando chocou contra o gardarraíl, saíu da estrada e caeu sobre un costado, segundo detallou a televisión nacional RTS.

As circunstancias do accidente esanse investigando, aínda que os primeiros indicios apuntan a que o condutor do autobús intentou esquivar unha rocha no medio da estrada nun tramo no que só se podía circular por un carril debido a unhas obras.

O accidente ocorreu cara ás 16:45 do xoves, hora local. Mobilizouse un importante dispositivo de rescate no que participaron sete helicópteros de salvamento e ambulancias.

Os traballos de retirada do autocar iniciáronse o xoves pola noite e prolongáronse ata o venres pola mañá, cando puido restablecerse con normalidade o tráfico pola zona.

O presidente suízo Guy Parmelin expresou conmoción polo accidente na súa conta en X, desde a que enviou as súas condolencias ás vítimas e aos seus achegados.

Os turistas saíran de Países Baixos o luns, 7 de setembro, e realizaban unha excursión dun día por Suíza, procedentes de Austria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade