A chegada de veciños novos frea a caída da poboación en Castrelo de Miño
A venda de casas disparouse nos últimos anos e o colexio dobrou o número de alumnos que tiña en 2020
"Nós fomos dos primeiros en vir coa nenas e despois foise ampliando. Na aldea agora hai seis nenos".
Alexia e a súa familia viven en Freás, pero é unha realidade que se extende a outras aldeas de Castrelo de Miño nos últimos anos.
Avelino Pazos, alcalde de Castrelo de Miño: "Agora a xente vende as vivendas e iso fixo que viñesen moitas familias novas con nenos porque é máis económico que na cidade".
O incremento de nenos nótase na escola. Este ano contan con 4 alumnos máis, pero non deixou de medrar dende a COVID-19.
Ana Rosa Pavón, directora CEIP Castrelo de Miño: "Dende o 2020 non deixou de medrar ata dobrar case o que había naquel intre".
Nuria Castro, presidenta da AMPA de Castrelo de Miño: "Conseguir actividades extraescolares é difícil, pero este ano temos moitas, estamos moi contentos".
O colexio conta con trinta e sete alumnos, todos do concello, e lista de agarda nas dúas casas niño.
"O rural é vida e eu estou moi contenta de vivir aquí. Hai moitas cousas para os nenos preto de Ourense e de Ribadavia".
A chegada de veciños novos e o retorno doutros conseguiu frear a caída da poboacion neste concello rural con preto de 1.300 habitantes.