Os temporais afectaron a venda ambulante de peixe no rural galego
Malia a escaseza de produto, os peixeiros seguiron percorrendo aldeas do rural ourensán, conscientes da importancia do seu traballo para unha poboación avellentada
Érguese cada día á unha e media da mañá para ir buscar peixe a Vigo e percorre uns 200 quilómetros, pola zona do Ribeiro e do Carballiño, repartíndoo. Antonio Otero é a terceira xeración de peixeiros ambulantes. Un traballo que aprendeu do seu pai e do seu avó, pero que, di, mudou moitos nos últimos anos.
O despoboamento do rural fai cada vez menos rendible a venda ambulante, castigada este ano ademais pola falta de peixe e o elevado prezo que acadou como consecuencia dos continuos temporais.
A pesar desta situación, Antonio seguiu percorrendo as aldeas, consciente da importancia do servizo que presta a unha poboación cada vez máis avellentada. Un traballo que compaxina con outros e o que tamén se dedica a súa muller, pero que acabará, di, con eles.