Que facer esta fin de semana en Galicia?
Gastronomía, música e romarías para aproveitar a segunda fin de semana de setembro
Setembro é sinónimo de volta á rutina, pero na fin de semana temos unha morea de opcións para desconectar e gozar do tempo de lecer. Gastronomía, música e romarías para gozar dos últimos días do verán.
Gastronomía
Para os amantes do bo comer e beber, tres propostas gastronómicas: a Festa dos Callos en Poio, a dos Ovos rotos con chourizo en Castro de Rei, ou a Feira da Cervexa artesá na Coruña.
XVI Festa dos Callos en Poio (13 de setembro, Poio): Poio volverá gozar este domingo da Festa dos Callos en A Seca promovida pola Asociación de Veciños Boureante. Distribuiranse racións de callos a 13 euros, ademais de bebida e pan.
Festa dos Ovos Rotos con Chourizo en Castro de Rei (12 de setembro, Ribeiras do Lea): Castro de Rei celebra unha nova edición da Festa dos Ovos Rotos con Chourizo; unha cita gastronómica para disfrutar de produtos locais, artesanía e música tradicional. Inaugúrase oficialmente ás 12:30 da mañá. A continuación, degustación gratuita de tapas e ás 20:00 do serán será a entrega de premios.
Feira da Cervexa artesá (10-13 de setembro, A Coruña): Os xardíns Méndez Núñez na localidade da Coruña acollen unha nova ediciión da Feira da Cervexa Artesá, con degustación de garimbas, xogos populares, concertos, inchables gratuítos, concursos e foodtrucks.
Romarías
Esta primeira fin de semana de setembro tamén ten un marcado carácter relixioso. Coinciden a romaría da Virxe dos Milagres de Amil, en Moraña, cos Milagres de Caión na Laracha ou a romaría da Virxe da Barca, declarada de Interese Turístico.
Romaría da Virxe da Barca (11-14 setembro, Muxía): a romaría da Virxe da Barca volverá converter Muxía nun dos grandes puntos de encontro da Costa da Morte. Catro días de tradición, música, cultura, devoción e festa ao redor dunha das celebracións máis emblemáticas de Galicia. Os romeiros teñen por tradición pasar 9 veces por baixo da pedra para curar os seus males dos riles ou reumáticos.
Romaría da Virxe dos Milagres de Amil (4-27 de stembro, Moraña): Amil celebraa Festa da Virxe dos Milagres con novena, misas, procesións, romaría, concertos de bandas, verbenas e actos relixiosos durante todo o mes de setembro.
Romaría dos Milagres de Caión (6-13 setembro, A Laracha): considerada como unha das celebracións relixiosas de referencia no norte da provincia da Coruña. O Santuario dos Milagres convértese nun lugar de peregrinación ao que acoden miles de romeiros para render devoción á Virxe.Os peregrinos achéganse á Fonte Santa, posto que a crenza popular atribúelle propiedades curativas.
Festas da Guadalupe en Rianxo ( 11-18 de setembro, Rianxo): Rianxo comeza unha semana de festas na honra daMoreniña, a Vixe da Guadalupe con música, verbena, e procesión marítima o domingo a partir das 13:00 da tarde.
Festa das Peras (7-11 de setembro, Pontedeume): remata en Pontedeume a festa das Peras este venres coa xira ao Río Eume, mediante botes e barcas que soben río arriba ata o lugar da Xunqueira, onde se celebraunh a comida popular ao son das gaitas.
Romaxe do Loreto e Olimpíadas Rurais de Couzadoiro (12 de setembro, Ortigueira): tradicional festa galega que se celebra na parroquia de Couzadoiro, no concello de Ortigueira e que coincide coas Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, que inclúen carreira de carretillas por parellas, subida ao eucalipto ou corte con tronzador. Haberá misa solemnte e ofrenda floral á Virxe do Loreto na Igrexa de San Cristovo.
Música
Eferro Foliada (12 de setembro, Vila de Cruces): cita coa música tradicional na Foliada organizada pola artesá Elena Ferro, que convirte o seu espazo de Merza nun punto de encontro para músicos, bailadores e público. Este ano, coas actuacións de Mondra Unto Vello ou Baiuca.
Xuntanza de entroidos en Esgos (13 de setembro, Esgos): Tradición e festa mestúranse no concello ourensán de Esgos, onde celebran a xuntanza de entroidos este domingo, con cinco comparsas tradicionais do entroido ourensá que se darán cita na Praza da Souteira.
Revenidas (10-13 de setembro, Vilaxoán): continúa o festival este venres con Evaristo como principal reclamo. O dúo londiniense Bob Vylan realizará a súa única visita a Galicia. A programación complétase con La Sra. Tomasa, Dakidarría, The Salsa Punk Orkestra, Matah e A Duendeneta.
Festival WOS (11-13 de setembro, Santiago): comezan en Santiago tres días de música electrónica e de vangarda no Festival WOS cun cartel conformado por 26 proxectos, dos que unha quincena se poderán ver por primeira vez en España. Acollerá a estre mundial de Blood of Aza.
Festival Cores do Outono (11-12 de setembro, A Pobra do Brollón): A Pobra do Brollón celebra XII edición deste encontro dedicado á música de raíz galega con teatro e música este venres e a actuación de Balteira, Ialma e Galega de Bailables o sábado.
O Burgo Fest 2026 (12 de setembro, Culleredo): O Burgo Fest reunirá o 12 de setembro en Culleredo música urbana, electrónica e reggaetón, con entrada gratuíta. LG1DO será o cabeza de cartel, acompañado por Noex, Borja Solla, Nyan Boe, Mark Adams, Cotelo e Ariax.
Concerto de La oreja de Van Gogh (11 e 12 de setembro, A Coruña): La Oreja de Van Gogh volve aos escenarios con Amaia Montero e fará parada na Coruña dentro da súa xira “Tantas Cousas que Contar Tour”. Os concertos serán no Coliseum a partir das 21:30 da noite.