Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tanxugueiras fai dez anos coa súa xente nunha foliada chea de sorpresas

Tanxugueiras fai dez anos coa súa xente nunha foliada chea de sorpresas

A formación celebrou o aniversario no Coliseum da Coruña cunha decena de colaboracións

Un momento da actuación Un momento da actuación
G24.gal 18/10/2026 10:29

Tanxugueiras, o grupo formado por Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro, celebrou este sábado o seu décimo aniversario coa súa xente nunha foliada chea de sorpresas, cunha decena de colaboracións.

O Coliseum da Coruña colgou o venres o cartel de non hai billetes, con máis de 8.000 persoas ávidas de desfrutar do seu único concerto en terras galegas neste 2026.

Acompañadas polas pandeireteiras de Adelina, percorreron todos os seus traballos e períodos, desde que eran descoñecidas ata a actualidade, cun repaso polos seus mellores momentos.

Enriba do escenario, cantaron co dúo galego Caamaño&Ameixeiras, Isaac Palacín, Pedro Pascual, María José Llergo, Juancho Marqués, Valeria Castro, Baiuca, Lilaina e Lagharteiras.

Houbo momentos reivindicativos, con cánticos do público contra o proxecto da macrocelulosa Altri, e moita emoción que chegou ao seu cume cos seus grandes éxitos: Non calan e Terra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade