Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rural galego, o refuxio que buscan os compradores de vivenda do sur da Península

O rural galego, o refuxio que buscan os compradores de vivenda do sur da Península

Os compradores que máis interese amosan por casas no rural son de Mallorca, Madrid e Andalucía

O 80% das vivendas que se venden nas aldeas do interior son para segundas residencias

G24.gal 22/11/2025 17:04 Última actualización 22/11/2025 17:21

A venda de vivendas no rural do interior de Galicia segue en aumento e a maioría dos compradores son de fóra do país.
Chegan a elas a través das ofertas en redes sociais, valoran os prezos por debaixo dos 100.000 euros e en moitos casos mércanas para segunda residencia.

A historia de Angélica que veu desde Guatemala a Rodeiro é similar á de moitos clientes que lle chegan a Agustín cada vez que sobe unha casa ás redes sociais da súa inmobiliaria. En menos de 24 horas ten ducias de contactos interesándose por vivendas que en moitos casos levaban anos pechadas. 

"Teletraballo para unha empresa estadounidense e desde hai tres anos o goberno de España aprobou o visado de teletraballo. Decidín presentarme. Cando comecei a buscar vivenda en Facebook saiume a páxina da inmobiliaria SIP 4 e empecei a ver os prezos e pensei en Galicia. Despois apareceu esta casa aquí en Rodeiro, con 2.500 metros de leira, onde podo ter os cans que son felices e eu tamén", asegura Angélica Córdoba que agora reside en Rodeiro.

A tranquilidade do rural, o clima, a posibilidade de ter espazo exterior en propiedade e os prezos non comparables aos doutras comunidades, son o mellor reclamo que ten Agustín, que non deixa de atender chamadas. 

"Estou vendendo moitísima propiedade para xente de fóra: de Mallorca, Madrid e Andalucía. Desde maio ata agora vendemos unha casa por semana", explica Agustín Pacheco, de SIP 4 Inmobiliaria.

Por 2.000 euros de reserva Agustín espera ata que veñen vela, e en moitos casos a venda queda pechada. O 80% das compras son para segunda residencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade