Cargando resultados...
A Xunta licita as obras da Ronda Leste de Ourense
A infraestrutura terá un orzamento previsto de algo menos de 13 millóns e a previsión é que estea en execución no primeiro trimestre do ano 2027
G24.gal
13/07/2026 11:06
Última actualización 13/07/2026 13:49
O Conselllo da Xunta aprobou este luns a licitación das obas da Ronda Leste de Ourense por un importe de 12,7 millóns de euros.
Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a infraestrutura eliminará tráfico do entorno urbano de Ourense e reducirá os tempos de enlace coa Autovía das Rías Baixas (A-52), pasando dos algo máis de sete minutos actuais a pouco máis dun minuto.
A previsión, segundo Rueda é que as obras se adxudiquen ao longo deste ano, e que se poidan iniciar os traballos durante o primeiro trimestre de 2027.