Ata tres autobuses quedaron atrapados nun mes no centro de Sarria
Ao non respectaren a sinalización, os vehículos adoitan atrancarse nun cruzamento cunha pendente pronunciada
As marcas na calzada dan conta dun problema que leva décadas rexistrándose no centro de Sarria pero que se agravou nas últimas semanas. Cada vez máis autobuses quedan atrancados na costa da rúa Marqués de Ugena, no cruzamento coa avenida Benigno Quiroga. En menos de catro horas, pasoulles a dous autocares, tras ocorrerlle o mesmo a outro vehículo de dúas plantas cun cento de menores.
Un sinal de tráfico xunto á capela de San Lázaro advirte de que os autobuses teñen prohibido o paso. Así e todo, os choferes non deixan de facer caso omiso e cada vez son máis os que caen na trampa e acaban atascados no mesmo lugar.
Pola súa parte, dende o Concello de Sarria fan un chamamento para que se respecte a sinalización vixente.