Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 16.000 evacuados no incendio forestal en Castelló

Máis de 16.000 evacuados no incendio forestal en Castelló

O incendio forestal obrigou a desaloxar 16.000 persoas duns quince municipios

As lapas, das que se está a investigar a orixe, xa arrasaron 4.300 hectáreas e a fronte do incendio alcanza os corenta quilómetros

Noutros lumes forestais en Teruel e Guadalaxara os veciños están podendo retornar aos seus fogares

G24.gal 26/07/2026 14:28

Os medios aéreos reincorporaranse dende primeiras horas no incendio forestal que asola o municipio de La Vall d’Uixó, ao sur de Castelló. O lume que continúa sen control dende o sábado está afectando xa ao parque natural de Serra d’Espadá e obrigou a evacuar dezaseis mil persoas dunha quincena de municipios.

As lapas levan xa 4.300 hectáreas queimadas e o perímetro do lume supera os 40 quilómetros.

A Unidade Militar de Emerxencia xa está traballando na zona e prevese que unha vintena de aeronaves participen nas tarefas contra o lume durante a xornada.

A alcaldesa da vila recoñeceu que foi a noite pasada foi a peor da historia do municipio polo avance descontrolado das lapas e adiantou que as persoas desaloxadas non poderían volver aos seus fogares polo momento por seguridade.

Unhas cincocentas persoas pasaron a noite nos polideportivos municipais dos concellos afectados, mentres que a maioría recurriron a familiares ou residencias alternativas.

Os equipos de extinción que seguiron loitando contra as lapas en terra durante toda a noite atópanse con previsións negativas que apuntan a máis calor e refachos intensos de vento nas vindeiras horas. Estase a investigar a orixe do lume e non se descarta que fose intencionado.

Mentres tanto en Teruel, o incendio de Ejulve, deuse por estabilizado este domingo tras queimar tres mil hectáreas e deixar 175 desaloxados que xa teñen autorización para volver as súas casas. Unha escena similar a que se viviu en Guadalaxara, onde o incendio da Mierla deixara dende hai dez días 1200 desaloxados, que poden retornar a os seus domicilios.

En Granada, o lume forestal que afectou a Pinos del Valle e deixou seiscentas persoas confinadas e un cento  de evacuados, está xa estabilizado despois de queimar duascentas hectáreas.

No que vai de ano, o lume queimou máis de 152.000 hectáreas en España, seis veces máis que o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar