Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabemos comportarnos no transporte público?

Sabemos comportarnos no transporte público?

Para aprender a compartir o transporte público abonda cunha pequena dose de educación, empatía e cortesía

Non sempre se ceden os asentos reservados ás persoas maiores
G24.gal 07/07/2026 14:55

"Se ti ves que entra alguén no autobús que se atopa mal polo que sexa, eu penso que o correcto é ceder o asento e tratar de axudar, sempre", comparte unha usuaria do bus urbano de Santiago

Deixar saír antes de entrar, ceder o asento a quen o precisa máis, usar auriculares para non molestar ou falar baixiño. Son normas básicas de educación que non sempre se ven cando un viaxa en transporte público.

"Nos meus tempos a preferencia era respectar as persoas maiores, agora hai que respectar os menores". "O carriño ás veces pésame, pois non hai unha persoa que veña para axudar a subir un carriño". "Hai autobuses que parecen un mercado". "Si, a xente vai berrando moito no bus e tampouco son cousas que me interesan. Adoito ir cos cascos". "Chegas onda a xente, dislle bos días e non che contestan", apuntan outros.

Esta é a parte negativa e menos empática, pero non sempre é así.

"Levo case 4 anos aquí e non vin tampouco moita falta de civismo, ao mellor algunha persoa que non lle cede o asento ás persoas maiores, pero é raro", explica María Beiroa, condutora de buses urbanos.

"Mesmo o chofer se vou moi cargada, sóbeme o carro". "A miña experiencia é que en xeral a xente é educada e cívica", apuntan dúas usuarias do bus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade