Cargando resultados...
Localizan o cadáver dun home preto dunha nave industrial en San Paio de Navia, en Vigo
O corpo sen vida foi atopado por un particular que alertou os servizos de emerxencia
G24.gal
24/08/2026 09:33
O corpo sen vida dun home foi localizado nas últimas horas ao carón dunha nave do polígono industrial de San Paio de Navia, en Vigo.
Segundo informa o servizo de emexencias 112 Galicia, foi un particular quen atopou o falecido pasadas ás 8:00 da mañá e deu aviso. Deseguida se trasladou ao lugar un dispositivo do 061 e as policías Nacional e Local, que confirmaron a morte do home.
As forzas de seguridade investigan as causas do suceso.
Polo momento non transcenderon máis datos sobre a identidade do falecido nin sobre as circunstancias da morte.