Evacuado en helicóptero un traballador das illas Cíes por un posible ictus
O helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia levou o home ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Parque Nacional
Un traballador dun servizo de hostalería das illas Cíes tivo que ser evacuado en helicóptero tras presentar síntomas compatibles cun ictus. O suceso produciuse a última hora da xornada do domingo e o servizo de enfermería do Parque Nacional foron os encargados de realizar a primeira valoración clínica e estabilizaron á persoa afectada.
Os servizos de emerxencias determinaron a necesidade dunha evacuación aérea urxente ante a gravidade potencial dos síntomas e a importancia de garantir a atención hospitalaria especializada no menor tempo posible.
Ata o punto foi mobilizado o helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia, que evacuou o home ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.