Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaconsellan o baño nas praias de Rodas e Figueiras por contaminación da auga

Desaconsellan o baño nas praias de Rodas e Figueiras por contaminación da auga

Sanidade detectou contaminación microbiolóxica e recomenda non bañarse ata que se recupere a calidade da auga 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 24/07/2026 12:19

A Consellería de Sanidade desaconsella temporalmente o baño nas praias de Rodas e Figueiras, nas illas Cíes, tras detectar contaminación microbiolóxica na auga.

Segundo informou o Concello de Vigo, as análises realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia confirmaron a presenza de bacterias nunha concentración incompatible coa recomendación do baño. 

Ata que a calidade da auga volva ser apta, o Concello recomenda non bañarse nestes areais. 

A situación lembra a rexistrada a pasada semana en Baiona, onde as praias da Ladeira e Santa Marta permaneceron pechadas durante varios días por contaminación das súas augas. Ambas reabriron o martes despois de recuperar a calidade excelente da auga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade