O barrio carballés do Chorís sofre unha praga sen precedentes
Este martes, e por segunda vez, volveron desinfectar a zona onde cren que pode estar o foco, unha vivenda privada onde, din, habitan varios animais
As pulgas xa chegaron ás casas e a unhas instalacións municipais da zona
As pulgas invaden o barrio carballés do Chorís. Puidémolo certificar nas picadas que sofren case a diario os propios veciños e veciñas da zona.
Nós si puidemos velas, adheridas á nosa roupa. Sobre todo o maior perigo din, está nesta rúa. Por segunda vez, o Servizo Municipal de Pragas levou a cabo este martes unha nova desinfección para evitar a súa propagación en vivendas e mesmo servizos municipais da zona. Tamén atacan os animais, así deixaron este can dunha veciña deste barrio.
E o foco podería estar nesta vivenda onde din os veciños, viven en condicións bastante insalubres.
A preocupación é máxima entre a veciñanza, que sae á rúa coas súas propias medidas de autoprotección. O Concello de momento está actuando nas zonas de titularidade pública á espera de poder confirmar se o foco procede dunha vivenda privada.