Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido na Coruña o presunto líder dunha trama de suplantación de identidades

Detido na Coruña o presunto líder dunha trama de suplantación de identidades

O home adquiría estes datos persoais para facer apostas deportivas 

A Garda Civil identifica polo menos 37 vítimas e investiga outras dúas en Tarragona 

G24.gal 24/08/2026 14:48

A Garda Civil de Valladolid desarticulou unha trama criminal dedicada á suplantación de identidades para abrir contas bancarias e realizar apostas deportivas, coa detención na Coruña o presunto responsable de organzación e a investigación doutras dúas persoas en Tarragona. 

A investigación comezou tras a denuncia dun cidadán que recibiu unha notificación da Axencia Tributaria en que se lle atribuían ganancias procedentes de apostas deportivas que aseguraba non ter realizado. 

Falsas ofertas de emprego 

A organización utilizaba principalmente falsas ofertas de traballo para captar vítimas. Durante os supostos procesos de selección, solicitábanlles copias dos documentos persoais e vídeos ou autofotos para verificar a identiade. 

Unha vez obtida esta infromación, os integrantes da trama utilizábana para abrir contas bancarias, contratar liñas telefónicas e rexistrar identidades de terceiros en plataformas de apostas e xogo en liña. 

Os investigadores identificaron ata o momento 37 vítimas, catro delas en Valladolid. Parte das contas terían sido empregadas para recibiri e mover fondos procedentes de actividades ilícitas e dificultar o seu seguimento. 

17 tarxetas telefónicas 

O presunto líder da organización, veciño da Coruña e administrador dunha empresa de telecomunicacións, tería utilizado un establecemento comercial para activar de forma ilícita polo menos 17 tarxetas telefónicas de prepago con identidades de terceiros. 

A investigación continúa aberta para determinar o alcance da trama, identificar novas vítimas e esclarecer a participacións das persoas implicadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade