Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sae ileso un condutor tras caer desde unha ponte de 6 metros ás vías do tren en Madrid

Sae ileso un condutor tras caer desde unha ponte de 6 metros ás vías do tren en Madrid

Cando chegaron os equipos de emerxencia, saíra xa do coche sen axuda e estaba nervioso, pero non presentaba feridas

EFE/ Emergencias Madrid EFE/ Emergencias Madrid
G24.gal 22/08/2026 17:45

Un condutor resultou ileso este sábado ao precipitarse co seu vehículo desde unha ponte ata as vías do tren de proximidade, a unha altura de seis metros, en Fuenlabrada, Madrid. Puido saír polos seus propios medios e sen feridas, pero foi trasladado a un centro hospitalario para descartar lesións internas.

Segundo informou o Summma 112, o accidente produciuse ao redor das 10 da mañá cando o condutor, un home de entre 30 e 40 anos, caeu desde a ponte da rúa Grecia ata as vías do tren por causas que se descoñecen.

Cando chegaron os equipos de emerxencia, saíra xa do coche sen axuda e estaba nervioso, pero non presentaba feridas. Tras atendéreno no lugar do suceso, os efectivos do 112 trasladárono ao hospital Doce de Octubre de Madrid para descartar lesións.

O suceso obrigou a cortar durante máis de dúas horas o servizo ferroviario da liña C5 de proximidade entre as estacións de Humanes e Leganés.

Foi o tempo que necesitaron os Bombeiros da Comunidade de Madrid para retirar o coche das vías, un traballo de precisión, xa que tiveron que manobrar para non romper elementos ferroviarios.

A vía que efectúa o percorrido da liña C5 á altura do accidente sufriu danos na catenaria que terán que ser reparados, polo que, aínda que o servizo foi restablecido, os trens non circulan ao completo.

Por iso, a compañía estableceu un servizo lanzadeira entre os municipios de Humanes e Leganés e indicou que, para chegar ata a próxima localidade de Móstoles, os viaxantes teñen que facer transbordo desde Leganés.

A Policía Local de Fuenlabrada fíxose cargo da investigación do suceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade