Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 60 sentenzas de prisión permanente revisable en España desde o 2015

Preto de 60 sentenzas de prisión permanente revisable en España desde o 2015

A  prisión permanente revisable é desde a súa aprobación en marzo de 2015, a pena máxima privativa da liberdade do Código Penal, aplicada unicamente a casos nos que se dan agravantes moi concretos

Entre os casos, os máis destacables, ademais do asasinato de Diana Quer, están o do parricida de Moraña, o chamado crime de Valga ou o de Ana Sandamil

Fóra de Galicia, tiveron moita repercsuión social do asasisinato de Laura Luelmo, o do neno Gabrile a mans de Ana Julia Quezada, e o caso do despezador de Pioz

G24.gal 22/08/2026 15:19

O parricida de Moraña, David Oubel, foi o primeiro condenado en España coa pena permanente revisable, no ano 2017, tras asasinar cunha radial as súas dúas fillas de 4 e 9 anos. Foron, segundo a sentenza, asasinatos cualificados con aleivosía e agravados polo feito de que as vítimas eran menores de 16 anos, concorrendo a agravante de parentesco.

José Luis Abet perpetrou o coñecido como o cirme de Valga polo asasinato da súa exmuller, a súa excuñada e a súa exsogra. A Audiencia Provincial de Pontevedra condeouno a prisión permanente revisable por asasinar a tiros a súa exmuller, a súa exsogra e a súa excuñada diante dos seus fillos, que entón tiñan 4 e 7 anos. A sentenza recolle que ningunha das tres vítimas tivo posibilidade de fuxir nin de defenderse.

Ana Sandamil, foi condenada polo asasinato da súa filla Desirée Leal, de sete anos, en Muimenta, no municipio de Cospeito. A Audiencia Provincial de Lugo condeouna a prisión permanente revisable por asfixiala ata a morte nun primeiro xuízo, que tivo que repetirse. A Audiencia Provincial de Lugo volveu condenala.

Marcos Javier Mirás, no ano 2017, no Día da Nai, quitoulle a vida a seu fillo Javier, de 11 anos, nun monte de Oza-Cesuras.

Fóra de Galicia, Ana Julia Quezada, foi a primeira muller condenada á prisión permanete revisable, en 2019, polo asasinato con aleivosía do neno Gabriel Cruz, de 8 anos, en Almería. Ana Julia Quezada era por aquel entón a parella do pai do neno Gabriel.

Outros causos moi mediáticos foron o do coñecido como despezador de Pioz: Condenado a prisión permanente revisable por asasinar e despezar os seus dous tíos e a seus curmáns de 1 e 3 anos na súa vivenda en Guadalaxara.

Tampouco podemos esquecer o caso da moza profesora zamorana, Laura Luelmo, que foi asasinada por Bernardo Montoya: Foi Condenado en 2021 por asasinato e agresión sexual en El Campillo, en Huelva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade