Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump anuncia aranceis do 50 % aos coches e ao aceiro canadenses

Trump anuncia aranceis do 50 % aos coches e ao aceiro canadenses

A nova taxa entraría en vigo en xaneiro de 2027 e supón unha nova escala na guerra comercial entre os dous países 

G24.gal 24/08/2026 16:44

O presidente de Estados Unidos, Donald Trump, anunciou este luns que imporá aranceis do 50 % aos vehículos, pezas de automoción e aceiro procedentes do Canadá a partir do 1 de xaneiro de 2027. 

rump asegurou que as medidas buscan responder aos aranceis que, segundo el, O Canadá impón aos produtos estadounidenses. O mandatario tamén defendeu que os vehículos fabricados en Estados Unidos quedarán exentos destas taxas. 

Actualmente Washington xa aplica un arancel do 25 % a detrminados vehículos canadenses e do 50 % a parte dos produtos de aceiro. A nova medida ampliaría estes gravames a todos os automóbiles e ao conxunto do sector do aceiro. 

O anuncio prodúcese despois de que O Canadá rompera a semana pasada as negociacións comerciais cos Estados Unidos ao considerar inaceptables as condicións propostas por Washington. Tras a ruptura, entraron en vigor novos aranceis estadounidenses sobre 20.000 millóns de dólares en produtos canadenses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade