Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malas perspectivas para a castaña pola seca prolongada

Malas perspectivas para a castaña pola seca prolongada

A escaseza de auga dificulta o crecemento do froito e favorece a propagación de enfermidades

Na zona de Vilardevós, a produción reduciuse á metade nos últimos dez anos

G24.gal 07/08/2026 14:08

Paco González é vogal da IXP da castaña. Leva décadas tirando polo sector e está desanimado. As perspectivas para a próxima colleita non son boas. Sen auga, o froito non medra e hai máis risco de enfermidades.

Bieito Barreira, produtor de castaña: "Se un ourizo pode traer unha ou tres castañas, trae unha. E iso, multiplicado por todos os ourizos do castiñeiro, son moitas".

Paco González, produtor de castañas: "Estou desanimado. O sector está desanimado. É que non somos capaces de atallar todas estes pestes que hai no castiñeiro".

Xa pasou o mesmo o ano pasado e o anterior. En dez anos, a produción de castaña en Vilardevós pasou de dous millóns de quilos a un.

"Nos últimos dez anos, un 50 por cento, acumulado. O que antes era pasar tres ou catro veces por un souto, agora son dúas", di Bieito.

"Segue habendo moitísima avespiña. Cando ataca, acaba morrendo. E as producións reducíronse moitísimo, un dez por cento cada ano", engade Paco.

Os que prezos, para máis, seguen a ser os de hai dez anos, ao redor dun euro setenta o quilo na última campaña. Insuficiente para que os máis novos se animen a seguir traballando os soutos.

"Unha persoa de vinte anos que plante hoxe un souto non vai ver rendemento ata que teña trinta anos. Os que seguimos é porque o deixaron encamiñado os nosos avós e os nosos pais. Se non, é imposible", conclúe Bieito.

Cren que a partir de agora vai ser preciso facer unha ou dúas regas no verán ou rega por goteo para garantir unha produción estable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos