Publicador de contidos

Publicador de contidos

Proxectan outras 168 vivendas de promoción pública en Lugo

Proxectan outras 168 vivendas de promoción pública en Lugo

Levantaranse no barrio de Garabolos, onde xa se constrúen máis vivendas e onde hai proxectadas unhas 600

Facilítase o acceso ás familias, amplíase o límite de ingresos e de idade, ata os 45

G24.gal 04/09/2026 13:53

2.121 persoas agardan por unha vivenda pública na cidade de Lugo, son 200 máis ca en maio. Algúns deles acabarán vivindo neste barrio, o de Garabolos, onde hai proxectada a construción de máis de 600 vivendas.

"Sobre todo para a xente nova que hoxe o ten moi complicado", di unha muller.

Haberá vivendas en réxime de alugueiro e para mercar, como estas 168 que se presentaban hoxe.

"Hoxe vemos un plano, un pouco máis abaixo unhas obras, a curto prazo veremos fogares, familias e veremos medrar a cidade", explica a alcaldesa de Lugo, Elena Candia.
 

Máis familias poderán acceder a elas. Amplíanse os límites de ingresos e a idade, ata os 45 anos. 

"Máis familias poden acceder a estas vivendas, e poño un exemplo se antes unha nai con dous fillos non podia exceder os 2.250 euros brutos ao mes agora pode alcanzar os 3.500", explica a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue.


Os que xa viven neste barrio destacan a súas vantaxes.

"É un barrio tranquilo, con moitos servizos, próximo a varias áreas comerciais", di un veciño.

Son todas vivendas con eficiencia enerxética, luz e ventilación natural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade