Catro décimas complican a salvación de Ares
Ares necesita recuperalle seis puntos a San Xoán para a permanencia
Chapela necesita enxugar tamén seis puntos para evitar o descenso directo
Orio volveu gañar e está a dúas vitorias do récord de triunfos
Na Liga ACT este domingo asistimos ao segundo día de competición dunha das probas máis prestixiosas da temporada, Zarautz. E entre as rochas milenarias, a pé do Flysh, Orio volveu amosar que estea campaña non ten rival. Vitoria número 14 que os poñen a só dúas do récord de sempre, en 16.
Para os galegos, non foi unha boa tirada. Ares tivo unha dura loita con San Xoán, rivais directos pola permanencia, e acabouna perdendo por catro décimas. Unha insignificancia nunha regata, pero de importancia vital neste momento na clasificación xeral. Porque San Xoán acabou por diante e obriga agora a Ares a recuperarlle seis puntos nas dúas xornadas que restan para asegurar a permanencia. Tamén complicada é a situación de Chapela, máis se cabe. Porque aqui son tamén seis puntos os que precisan recuperar, pero para evitar o descenso directo.